HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación pon en valor a imprescindible forza do movemento veciñal en...

A Deputación pon en valor a imprescindible forza do movemento veciñal en Fornelos de Montes na estrea da segunda edición do programa +Convivir

- Anuncio -spot_img

O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, participa nun encontro coa veciñanza de Fornelos que contou con charlas sobre primeiros auxilios, sesións de musicoterapia, ximnasia de mantemento, actuacións musicais e gastronomía

A Deputación de Pontevedra pon en valor a forza do movemento veciñal á hora de dinamizar a vida social e cultural da provincia de Pontevedra coa celebración en Fornelos de Montes do primeiro encontro veciñal da segunda edición do programa de Acción Comunitaria, +Convivir. Unha iniciativa do goberno provincial que regresa este para promover a vida en comunidade e recoñecer o labor das asociacións veciñais a través dunha festa na Casa Cultural de San Adrián de Calvos á que se achegaron decenas de persoas da comarca. “O movemento veciñal e o asociacionismo son elementos clave para o avance desta provincia”, afirmou Javier Tourís, o deputado de Acción Comunitaria na apertura dun encontro no que salientou a aposta que o goberno provincial está a facer polos colectivos veciñais, aos que pon a disposición axudas de récord por valor de 5M€ a través de programas como Provincia Comunitaria, +Aqua ou Novaqua.

A xornada contou con sesións formativas relacionadas cos primeiros auxilios, pero tamén sobre a importancia da musicoterapia ou da ximnasia de mantemento. Ademais, os asistentes desfrutaron tamén de actividades festivas arredor da música da Banda Municipal da Lama e da gastronomía tradicional da provincia..

+Convivir é un programa provincial co que a Deputación de Pontevedra demostra o seu compromiso co tecido asociativo veciñal e enxalza o papel que este desenvolve para o avance da provincia. O pasado ano, foron case 4.000 as persoas que desfrutaron das sete citas organizadas pola institución ao longo da xeografía provincial. O programa regresa este ano cunha serie de encontros veciñais que comezaron por Fornelos e continuará nas vindeiras semanas por concellos como Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona, Rodeiro, Gondomar, Pontevedra, Ribadumia, Bueu, Oia, Barro e Tui.

Publicacións Relacionadas