HomeA CoruñaO Pleno de Lousame acepta a cesión dunha parcela en Zaramagoso, que...

O Pleno de Lousame acepta a cesión dunha parcela en Zaramagoso, que mellora a seguridade viaria na zona

- Anuncio -spot_img

Begoña Maroñas toma posesión como concelleira socialista, en substitución de Ana María Domínguez

O Pleno de Lousame celebrou o pasado venres a súa sesión ordinaria correspondente ao mes de maio, presidida polo tenente de alcaldesa Esteban Ares García. Unha sesión que comezou coa incorporación de Begoña Maroñas Maroñas como concelleira do grupo municipal socialista en substitución de Ana María Domínguez Laíño, quen formalizara a súa renuncia o pasado 1 de maio. Esteban Ares aproveitou para darlle a benvida e desexarlle o mellor no seu labor como concelleira.

Tras aprobar por unanimidade as actas anteriores e un recoñecemento de crédito para o pago de gastos realizados, o Pleno aceptou a cesión dunha parcela de 487,3 metros cadrados realizada pola Comunidade de Montes en Man Común de Zaramagoso. Unha cesión aprobada nunha asemblea da comunidade celebrada o 20 de setembro de 2021 e que foi autorizada pola Xefatura de Montes o pasado 14 de novembro de 2023.

Deste xeito, esa parcela pasa a formar parte da estrada Escabia-A Pastoriza-Rianxo, aumentando a seguridade viaria na zona, sobre todo ao facilitar o xiro tanto dos autobuses escolares como dos de transporte de viaxeiros. A cesión foi aceptada cos votos a favor dos grupos municipais do PP e do PSOE, coa abstención do BNG.

Esteban Ares agradeceu a cesión por parte da Comunidade de Montes en Man Común de Zaramagoso e explicou que se trata “dunha cesión definitiva para o Concello de Lousame e supón regularizar unha situación xa existente, pois esa parcela xa forma parte de esa estrada e se vén utilizando dende hai tempo como parada para o autobús escolar como para facilitar o xiro do autobús e mellorar a seguridade viaria na zona”.

Publicacións Relacionadas