HomePontevedraO SalnésO Partido Socialista de Vilagarcía afrontará este venres a súa asemblea de...

O Partido Socialista de Vilagarcía afrontará este venres a súa asemblea de renovación de dirección e cargos orgánicos

- Anuncio -spot_img

O actual secretario xeral enmarca o proceso “dentro do procedemento” e valora “a cohesión interna e o traballo conxunto moi coordinado e produtivo entre toda a militancia”

A asemblea celébrase como parte natural do proceso de renovación das estruturas internas que ven organizando todo o partido, e realízase 3 anos despois de que a actual dirección collese o mando.

A Executiva Local do Partido Socialista de Vilagarcía ven de convocar para este venres día 6 a asemblea extraordinaria que, dentro do proceso de renovación de estruturas internas que se produce nestes últimos tempos, corresponde facer neste mes de xuño a todas as agrupacións locais do partido en Galicia. A cita será na sede da agrupación, a partir das 20h.

A asemblea extraordinaria convócase para a renovación da dirección local, ata o de agora encabezada por Julio Torrado, e que tomou a dirección do partido en marzo de 2022 sucedendo á executiva que dirixía Miro Serén. A celebración do Congreso Federal do PSOE, en novembro pasado en Sevilla, activou o procedemento que deu en celebrar o pasado marzo o Congreso Galego en Santiago e o Congreso Provincial a inicios do mes de maio en Pontevedra. O proceder remata coas asembleas locais.

Dentro deste proceder “de total naturalidade” enmarcou a convocatoria o actual secretario xeral local, Julio Torrado, quen quixo destacar que “Vilagarcía é unha agrupación que funciona con enorme cohesión e actividade entre todas as persoas que a compoñen. Temos moi claro que Vilagarcía precisa dun PSdeG centrado na acción local, que poña a Vilagarcía no centro das decisións e que continuemos sendo ambiciosos na transformación da cidade que se produce cos gobernos socialistas”.

Torrado aproveitou a convocatoria para destacar que “no plano interno, Vilagarcía é unha agrupación moi valorada no conxunto do partido”, cuestión que destacou coa elección de Alberto Varela como un dos poucos galegos do PSdeG que serán membros do Comité Federal, coa propia escolla de Torrado como voceiro da Executiva Galega, de Álvaro Carou como ViceSecretario Xeral Provincial ou que o propio Varela sexa a persoa designada para ser o Presidente da FEGAMP durante dous mandatos consecutivos, a primeira vez que sucede na entidade. “Somos unha agrupación que traballa, que acompaña e apoia a un goberno municipal excelente, e que promove debate e xeración de novos perfiles. Funcionamos”, apuntou Torrado que valora como satisfactorios estes 3 anos dende que accedeu á Secretaría Xeral. “Sempre hai sensación de poder facer máis cousas, pero en Vilagarcía o Partido Socialista está presente, trata de ser unha organización aberta á cidadanía e temos claros os nosos obxectivos comúns.
Así debe ser” concluíu,

A asemblea ten o encargo principal de escoller unha nova dirección local, así como de designar algúns representantes nos órganos de debate internos a nivel provincial e nacional galego, cuestións para as que calquera militante pode presentar as propostas que considere

Publicacións Relacionadas