HomePontevedraO CondadoSalvaterra de Miño presenta os cursos de natación para este verán

Salvaterra de Miño presenta os cursos de natación para este verán

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño a través da Concellería de Deportes ven de presentar os curso de natación para este verán. Como xa é habitual durante a temporada estival retómase unha das actividades máis aclamadas entre veciños e veciñas.

Os cursos que se desenvolverán na Piscina Municipal de Salvaterra durante os meses de xullo e agosto en horario de mañá están dirixidos a pequenos e maiores e lévanse a cabo en colaboración coa Asociación Deportiva Salvaterra.

O prazo de inscrición para o mes xullo comeza este XOVES 5 de xuño e REMATA o 15 de xuño (tanto para o mes de xullo coma o de agosto, previo pago).
Recordamos que as prazas son limitadas e que terán preferencia aquelas empadronadas en Salvaterra de Miño.

Para formalizar a reserva da praza para o curso os interesados deberán cubrir o formulario de inscripción que xa está dispoñible nas redes do Concello.

Unha vez cuberto deberán envialo por whatsapp ó teléfono 656261542 ou por correo a adasalvaterra@yahoo.es xunto ó CERTIFICADO DE PAGO.

Publicacións Relacionadas