O Concello de Mos organiza unha nova edición das Xornadas Multiaventura, unha actividade pensada para a mocidade de entre 12 e 17 anos, coa finalidade de promover a convivencia, o deporte e o contacto coa natureza.
Estas xornadas terán lugar do 23 ao 27 de xuño e inclúen actividades multiaventura, curso de surf (iniciación ou perfeccionamento), unha noite no Hotel Bahía de Baiona, monitores especializados, seguros e desprazamento. O requisito para poder participar é ter entre 12 e 17 anos e saber nadar. O prezo da actividade é de 145 euros.
O número mínimo de inscritos imprescindible para realizar a actividade é de 20 persoas, e a admisión farase por orde de inscrición, que poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica en www.mos.es. Terá preferencia a mocidade empadroada ou escolarizada en Mos.
No momento da inscrición é imprescindible entregar o formulario de solicitude (incluíndo datos da persoa participante e da persoa responsable), a fotocopia da tarxeta sanitaria, a autorización dos dous proxenitories en caso de separación, divorcio ou situación análoga e o
O prazo para anotarse abre hoxe ata o 17 de xuño e a listaxe de admitidos será publicado o 18 de xuño na web e no taboleiro da OMIX. O prazo de pagamento abrangue o 19 e 20 de xuño no número de conta que se indicará xunto á lista de admitidos e admitidas. É imprescindible entregar o xustificante de pagamento nas oficinas da OMIX ou no correo electrónico: omix@concellomos.es antes do 23 de xuño.