HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación destinará máis de 95.000 euros a Meis para financiar integramente...

A Deputación destinará máis de 95.000 euros a Meis para financiar integramente a nova estación de bombeo de augas residuais en Silvoso

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Marcos Guisasola visitou hoxe o concello para anunciar que esta actuación será financiada ao 100% con recursos do Plan + Provincia que serán aprobados na Xunta de Goberno deste venres

O deputado provincial Marco Guisasola acaba de anunciar nunha visita a Meis que a Deputación se encargará de financiar integramente a eliminación da fosa séptica de Silvoso, a execución dunha nova estación de bombeo de augas residuais e a súa conexión á rede de saneamento. A Xunta de Goberno aprobará este venres unha achega de máis de 95.000 euros para impulsar esta actuación con recursos procedentes do Plan +Provincia. Nesta anualidade, este programa provincial destina á vila un total de 555.998 € e, no caso da liña 1 de investimentos, máis de 389.198 €.

O deputado deu conta dos traballos que se van realizar en Meis cos recursos provinciais, que permitirán substituír a fosa séptica existente en Silvoso por unha nova estación de bombeo de augas residuais que se situará preto da actual fosa séptica, pero desprazada ao noroeste. Ademais, a actuación completarase coa conexión da estación aos colectores de augas residuais que chegan por gravidade polo norte e polo sur, na marxe dereita e sur do regato de San Martiño, respectivamente.

Marcos Guisasola puxo en valor que o Plan +Provincia “define perfectamente o modelo de actuación deste goberno provincial, que implica un gran compromiso cos concellos dándolles resposta as súas demandas”. E tamén incidiu en que, con actuacións como a que vai desenvolver Meis cos fondos provinciais, “estamos a impulsar o avance e modernización da provincia de Pontevedra a través de proxectos transformadores que tamén melloran a calidade de vida da veciñanza”.

Publicacións Relacionadas