HomeVigoNigránÚltimos días de inscrición para os campamentos de competencias dixitais gratuítos

Últimos días de inscrición para os campamentos de competencias dixitais gratuítos

- Anuncio -spot_img

Están dirixidos a crianzas de 9 a 17 anos divididos en dous grupos de idade e terán lugar no Centro Antena en dúas quendas. O prazo de inscrición está aberto ata este venres

O Concello de Nigrán informa de que quedan algunhas prazas dispoñibles para os campamentos de competencias dixitais gratuítos dirixidos a crianzas de 9 a 13 anos  e de 14 a 17 anos encadrados no proxecto Cri-Tic que en Galicia desenvolve a Fundación Esplay. Estes terán lugar no Centro Antena (rúa Otero Pedrayo) cunha duración de 30 horas distribuídas de 9:00 a 14:00 horas e en dúas quendas (os máis pequenos do 23 de xuño ao 1 de xullo ou do 10 ao 17 de xullo e os maiores do 2 ao 9 de xullo ou do 18 ao 28 de xullo). A inscrición debe ser a través do teléfono do Concello (986365000) ou acudindo directamente á Oficina de Información Cidadá e está aberta ata o 6 de xuño ou cando se esgoten as 12 prazas dispoñibles por grupo. Nestes campamentos as crianzas aprenderán un uso responsable e consciente da tecnoloxía e RRSS, sobre ‘fake news’, programación e robótica educativa, intelixencia artificial (IA) e creatividade dixital, ciberseguridade e prevención do ciberacoso, realidade aumentada e realidade virtual, actividades lúdicas e lecer saudable… Ao finalizar recibirán un diploma acreditativo.

Publicacións Relacionadas