HomePontevedraCampo LameiroA Deputación leva este sábado a Campo Lameiro o circuíto +Escénicas cun...

A Deputación leva este sábado a Campo Lameiro o circuíto +Escénicas cun espectáculo de maxia para todos os públicos

- Anuncio -spot_img

“Atemporal”, do Mago Charlangas, representarase ás 20:30 horas na Praza da Provincia de Pontevedra

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 7 de xuño o circuíto +Escénicas ao concello de Campo Lameiro da man do espectáculo familiar “Atemporal”, a cargo do Mago Charlangas. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“Atemporal” representarase na Praza da Provincia de Pontevedra ás 20:30 horas e é un número que mestura maxia e teatro para invitarnos a viaxar a través do tempo navegando pola nosa imaxinación. Coñeceremos a un científico tolo e os seus incribles experimentos cos que nos adentraremos nun completo espectáculo de ilusionismo. Gozaremos de xogos con cartas, bolas, moedas, billetes e outras sorpresas que farán pasar unha divertida xornada chea de feitizos tanto a maiores como a cativos.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas