HomeValdeorrasA RúaAvelino García, novo presidente do PP da Rúa, formula como principal meta...

Avelino García, novo presidente do PP da Rúa, formula como principal meta recuperar a alcaldía: “As eleccións as gañamos sempre, pero o obxectivo ten que ser gobernar por maioría”

- Anuncio -spot_img

·      García, que xa presidiu a corporación municipal no mandato 2011-2015, sostivo que “hai partido para regresar ao goberno municipal pola porta grande”, comprometéndose “a dalo todo desde a agrupación local”

·      O presidente provincial, Luis Menor, puxo en valor o apoio recibido polos populares nas autonómicas de 2024, con medio milleiro de votos máis que o BNG: “Unha ampla maioría que é necesario trasladar ás municipais”

·      Apelou á unidade “en maiúsculas” para contribuír tamén no 2027 a recuperar a maioría absoluta na Deputación e superar as 55 alcaldías actuais: “A Rúa ten moito que dicir”

Avelino García (A Rúa, 1960) foi elixido esta tarde presidente do Partido Popular da Rúa, no congreso celebrado por esta agrupación local e no que participou o presidente provincial, Luis Menor, acompañado pola vicepresidenta, Marta Novoa, e a secretaria xeral, Sandra Quintas. Un conclave no que Avelino García proclamou como principal meta recuperar a alcaldía: “As eleccións as gañamos sempre, pero o obxectivo ten que ser gobernar por maioría”.

En comparación con outras convocatorias electorais, como as autonómicas de 2024 “nas que o partido viuse fortalecido cunha ampla maioría”, nos comicios electorais entran en xogo outros factores “pero estou convencido de que o PP logrará a maioría absoluta dentro de dous anos”, afirmou o xa presidente local.

Avelino García, que xa presidiu a corporación municipal no mandato 2011-2015, sostivo que “hai partido para regresar ao goberno municipal pola porta grande”, comprometéndose “a dalo todo desde a agrupación local”. Neste sentido asegurou ter comprobado que tamén hai apoio entre a veciñanza, “ademais de interese e ganas por presentar unha lista que nos axude a gobernar”.

Ante militantes e simpatizantes, así como cargos electos do PP, o presidente provincial puxo en valor o apoio recibido polos populares nas autonómicas de 2024, con medio milleiro de votos máis que o BNG, a segunda forza no concello da Rúa: “Unha ampla maioría que é necesario trasladar ás municipais”.

Para levar ás siglas do PP a trunfos “incontestables”, Luis Menor apelou á unidade “en maiúsculas”, un fin que tamén se persegue cos congresos locais que está a celebrar o PP de Ourense por toda provincia, ademais de servir para reorganizar o partido.

O presidente provincial tamén pediu o esforzo dos populares rueses para que axuden cos seus resultados a recuperar outra maioría absoluta en 2024: a Deputación de Ourense: “Só cunha maioría poderemos deseñar e executar o noso modelo de provincia, e aí toda Valdeorras e por suposto A Rúa teñen moito que dicir”, afirmou, ao tempo que sinalou que o concello rúes baixo as siglas do PP tamén contribuirá a superar o actual listón de 55 alcaldías.

Publicacións Relacionadas