Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o Concello de Ourense presenta unha nova colección de plantas carnívoras e crasas, no invernadoiro do Parque Botánico de Montealegre.
A colección, promovida pola sección de Parques e Xardíns do Concello, é unica na comunidade autónoma de Galicia e recolle especies chegadas de catro dos cinco continentes.
· Nas imaxes, técnicos do Concello amosando a nova colección e mesa de cultivo e exposición temática dos exemplares de plantas carnívoras



