HomeA CoruñaA Coruña acolle esta fin de semana o Campionato de España de...

A Coruña acolle esta fin de semana o Campionato de España de Rugby 7 feminino, co CRAT como equipo anfitrión

- Anuncio -spot_img

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes no torneo

A Coruña acolle esta fin de semana a primeira serie do Campionato de España de Rugby 7 feminino, co CRAT Rialta, actual subcampión do torneo, como anfitrión. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita a representantes dos 11 equipos que participan nesta competición. “Desde o Goberno de Inés Rey traballamos intensamente para que os equipos coruñeses poidan teñan as máximas facilidades para competir en torneos coma este, impulsando se é preciso a súa celebración na nosa cidade, o que supón ademais un valor engadido para toda a cidadanía como sede, sinalou Vázquez.

A primeira serie desta competición, dividida en tres, terá lugar este sábado 7 de 9.00 a 17.00 horas e este domingo 8, de 10.00 a 16.00 horas, na Cidade Deportiva da Torre – Arsenio Iglesias. Participarán os 11 mellores equipos de “seven” de España. Á serie da Coruña seguirán as de Valencia (14-15 de xuño) e Sevilla (28-29 de xuño). Asignaranse puntos en cada serie segundo a posición alcanzada por cada equipo e, ademais do título de campioas de cada serie, na última sumaranse os puntos obtidos para determinar ao equipo campión.

O rugby “seven” é a modalidade olímpica, con algúns cambios respecto ao rugby 15 tradicional: xogan equipos de 7 contra 7, en dous tempos de 7 minutos, touches e meles reducidas, e partidos continuos durante toda a xornada. Conséguese un rugby moito máis dinámico e divertido para o espectador. Cabe mencionar que España Rugby 7 Masculino quedou este ano subcampión das series mundiais superando a potencias tradicionais como Nova Zelandia, Australia , Inglaterra, Francia ou Arxentina, só cedendo nunha gran final ante Sudáfrica.

As xornadas do sábado e do domingo poderanse seguir en directo a través de Youtube.

Publicacións Relacionadas