A 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal se celebra ata mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, contou hoxe coa visita do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Román Rodríguez estivo no stand que Formación Profesional ten no certame, no que diversos centros de hostalería e turismo e industrias alimentarias elaboran alimentos e realizan degustacións. Ademais, fixo un percorrido pola feira.
Así mesmo, tamén se achegou á feira a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, quen acudiu ao stand co que esta entidade conta no evento, ademais de visitar outros expositores.