O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participa en Ribadumia na edición número 52 da Festa do Viño Tinto do Salnés. Unha cita que afonda no enoturismo como un dos principais atractivos turísticos da provincia e que ten como obxectivo dar a coñecer as variedades autóctonas de viño tinto que se producen nesta comarca do Salnés. O mandatario provincial asistiu á cata destes produtos autóctonos e tamén estivo presente no protocolorio acto de investidura dos valedores do Viño Tinto do Salnés.