HomePontevedraRedondela renova as marquesiñas do centro da vila

Redondela renova as marquesiñas do centro da vila

- Anuncio -spot_img

– Substituíronse os cristais das marquesiñas acristaladas cos vidros rotos ou deteriorados. Estas instalacións sufriran tamén pintadas e, malia ser limpadas hai poucas semanas, volveron ser vítimas dos “graffitis”. O goberno local lamenta que os actos vandálicos contra o mobiliario público sexan recorrentes “o que supón un gran gasto para as arcas públicas”. Só nos últimos dous meses o importe supera os 20.000 euros.

A concellería de Benestar Comunitario, que dirixe Pedro Villaverde, renovou as marquesiñas do centro da vila vítimas de actos de vandalismo. Trátase de catro marquesiñas acristaladas que tiñan os vidros rotos ou deteriorados. Son as situadas na praza de Ribadavia, rúa Ernestina Otero, no Mercado Municipal e na Praza de Santiago. Estas instalacións das paradas de autobús sufriran tamén pintadas, e malia ser limpadas hai poucas semanas, volveron ser vítimas dos “graffitis”. Villaverde agarda que, con esta renovación, se eviten as pintadas e o vandalismo que estraga as paradas de autobús, aínda que recoñece que “non será doado”. Lembra que as pintadas e outras desfeitas no mobiliario urbano “supoñen para as arcas municipais un gasto de milleiros de euros cada ano”.  Como exemplo advirte que só nos últimos dous meses os gastos en arranxos e substitución superan os 20.000 euros polos estragos en marquesiñas, bancos públicos e parques infantís. Desde o goberno local lamentan que este tipo de actos vandálicos se estean a producir de xeito recorrente “xa que estas reparacións supoñen un gasto importante para as arcas municipais”. No caso dos elementos rotos nos parques infantís, estes actos supoñen ademais “un prexuízo para os nenos e nenas que se ven privados destes xogos”, engade Villaverde, responsable tamén das áreas de Parques e Xardíns.

Publicacións Relacionadas