Varios membros da formación nacionalista, xunto con técnicos das ambulancias do Salnés estiveron hoxe recollendo sinaturas nos arredores da Praza de Abastos de Vilagarcía.
O BNG de Vilagarcía de Arousa continúa coa recollida de sinaturas para que, como ven sendo a práctica habitual dende fai uns anos, non retiren na tempada estival a ambulancia medicalizada con base no Hospital do Salnés que da servizo a toda a comarca o resto do ano.
Dende o BNG solicitamos que a Xunta de Galiza non sigan poñendo en risco a saúde de toda a veciñanza da zona, e que manteñan a ambulancia medicalizada, SVA, no hospital do Salnés os 12 meses do ano, dotando se fose preciso na zona de Sanxenxo e Ogrobe dunha a maiores.
No día de hoxe, acompañados de varios membros do persoal técnico de Ambulancias do Salnés puidemos comprobar a boa acollida que esta iniciativa está tendo entre a cidadanía, chegando a recoller máis de 500 sinaturas na xornada que estivemos nos arredores do mercado.
A maiores, animamos as veciñas e veciños de Vilagarcía e de todo o Salnés a que acudisen á concentración que terá lugar este xoves ás 11.45 na porta do Hospital do Salnés para reivindicar unha xestión transparente das listaxes de agarda, así coma a creación dun plan especial de xestión para as mesmas.
Tan so na área do Salnés podemos falar de máis de 10.108 persoas que se atopan en listaxe de agarda sen contar as q se atopan en listaxes non estruturais. Por iso, pola saúde de todas e todos e pola defensa da Sanidade Pública vémonos o vindeiro xoves no Hospital do Salnés.