Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar as axudas de 75 euros destinadas á adquisición de libros e material escolar de infantil, para o curso 2025-2026.
Estas axudas para familias con escasos recursos económicos, cunha renta per capita igual o inferior a 300 euros ó mes teñen como obxectivo promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte ós gastos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do noso municipio. O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 1 de xullo ó 31 de xullo de 2025, ambos inclusive.
Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servizos Sociais, martes, mércores e xoves de 09.00h a 14.00h, previa cita telefónica no 697 911 050. Mais información, bases e modelo de solicitude en www.concellodesalvaterra.com