HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local tratará mañá 25 asuntos na súa sesión...

A Xunta de Goberno Local tratará mañá 25 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá xoves, día 12 de xuño na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá no salón de plenos, con 25 asuntos na súa orde do día

Licenzas (5) Cinco expedientes:

  • Troco do titular dunha licenza de obra
  • Proxecto de construción de vivenda unifamiliar na rúa do Salgueiro
  • Proxecto de instalación dun ascensor nun edificio na rúa Río Mao
  • Proxecto de reforma dunha vivenda unifamiliar illada na rúa dos Esteos
  • Declaración de innecesariedade de licenza urbanística de segregación dun local en planta baixa na rúa Afonso X O Sabio

Aperturas (1) Licenza de obra para instalación eléctrica de baixa tensión para catro puntos de recarga de vehículos eléctricos na Finca Sevilla.

Patrimonio (4) Catro reclamacións de responsabilidade patrimonial

Contratación (2)  Acordar, se procede, a prórroga do contrato de mantemento da aplicación Séneca, que se usa para a gravación en streaming dos plenos municipais; e acordar, se procede, a última prórroga do contrato do servizo de mantemento e conservación da sinalización horizontal e vertical de tráfico do Concello (Lotes 1 e 2)

Asuntos sociais (1) Recoñecer unha obriga derivada do alugueiro dun local na rúa Francisco de Moure

Artes e festexos (1) Contrato de comodato para obra de Xaime Quesada.

Avogacía Consistorial (11) Dar conta dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de 2 sentenzas e 3 autos ditados polo Xulgado Contencioso-Administrativo nº 1 e dun auto, unha sentenza e unha providencia do número 2. Tamén dará conta de que o Concello foi emprazado para comparecer en dous procedementos ordinarios diante dos xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 e  2.

Publicacións Relacionadas