O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asiste na Subdelegación do Goberno en Pontevedra ao acto de toma de posesión do inspector xefe da Comisaría da Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa, Javier de Santiago Laguillo. O mandatario provincial saudou ao novo cargo do corpo policial e tendeulle a man da Deputación para traballar conxuntamente pola seguridade cidadá.