HomeOurenseO alcalde recibe o presidente do Rotary Club Ourense, quen lle agradece...

O alcalde recibe o presidente do Rotary Club Ourense, quen lle agradece o apoio do Concello ás actividades que desenvolven na cidade

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, concelleiras e concelleiros do goberno municipal recibiron esta mañá no Concello o presidente do Rotary Club Ourense, Jorge Dopereiro, e a maceiro/ mestra de cerimonias e delegada de Xuventude, Tere Peña.

Como representantes da entidade, agradeceron a colaboración que o Concello e Protección Civil de Ourense prestan nas iniciativas que desenvolven na cidade, moi especialmente na campaña de axuda humanitaria para as persoas afectadas polo terremoto de Turquía e Siria e na campaña de axuda a Ucraína. Presidente e maceiro entregáronlle ao alcalde un pin do Rotary Club, obra de Acisclo Manzano, en recoñecemento ao dito apoio.

Desde o Rotary Club avanzaron que proximamente lle entregarán un desfibrilador a Protección Civil de Ourense e que, cara ao ano que vén, traballan nun proxecto de mellora do equipamento e mobiliario da Aula de Pediatría do Hospital de Ourense, entre outras iniciativas que levan a cabo en apoio a diferentes entidades e colectivos na cidade.

Publicacións Relacionadas