HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local aprobou 25 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 25 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 25 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu hoxe no salón de plenos.

Licenzas (5) Conceder as licenzas para os proxectos de construción dunha vivenda unifamiliar na rúa do Salgueiro, para a instalación dun ascensor nun edificio residencial na rúa Río Mao e para a reforma dunha  vivenda unifamiliar illada na rúa dos Esteos. Tamén acordou estimar a solicitude dun particular e declarar a innecesariedade de licenza urbanística de segregación dun local en planta baixa na rúa Afonso X O Sabio e deuse por enterada do troco da persoa titular dunha licenza de obra nun edificio da Avenida da Universidade

Aperturas (1) Conceder a licenza de obra para instalación eléctrica de baixa tensión para catro puntos de recarga de vehículos eléctricos na Finca Sevilla.

Patrimonio (4) Catro reclamacións de responsabilidade patrimonial.

Contratación (2)  Acordar as prórrogas dos contratos de mantemento da aplicación Séneca, que se usa para a gravación en streaming dos plenos municipais, e do servizo de mantemento e conservación da sinalización horizontal e vertical de tráfico do Concello (Lotes 1 e 2)

Asuntos sociais (1) Recoñecer unha obriga derivada do alugueiro dun local na rúa Francisco de Moure

Artes e festexos (1) Contrato de comodato para obra de Xaime Quesada: Aceptar a cesión de uso, mediante contrato de comodato, ofrecida por  Mª Jesús Blanco Piñeiro como propietaria das obras e presidenta da Fundación Xaime Quesada Blanco .

Avogacía Consistorial (11) Deu conta dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de 2 sentenzas e 3 autos ditados polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 e dun auto, unha sentenza e unha providencia do número 2. Tamén dará conta de que o Concello foi emprazado para comparecer en dous procedementos ordinarios diante dos xulgado do contencioso-administrativo número 1 e  2.

Publicacións Relacionadas