Continuará ofrecendo os próximos 3 anos unha ducia de actividades aumentando Pilates e Ximnasia de Mantemento para dar cabida a todas as solicitudes
Este verán a sala de fitness estará aberta ao público como novidade. As prazas prácticamente se duplicaron desde o ano 2016, pasando de 360 a case 700
NO Concello de Nigrán ampliará as plazas das actividades deportivas municipais de ‘Pilates’ e ‘Ximnasia de Mantemento’ no vindeiro curso para formar novos grupos ante a demanda existente nestas disciplinas. Así, o Concello licitou unha nova contratación a tres anos das 13 actividades que se veñen impartindo (pilates, ioga, taichi, mantemento, actividade física para maiores, aerobic, zumba, adestramento funcional, marcha nórdica, sala fitness, fit-dance, tenis e surf) sumando por vez primeira a este mesmo contrato as actividades deportivas de verán, nas que como novidade se inclúe a sala de fitness aberta a todo o público interesado.
Este aumento significa que o Concello de Nigrán pasará das 360 prazas ofertadas no ano 2016 con 8 actividades as 605 do pasado curso con 13 disciplinas (no vindeiro serán case 700 prazas). Entre as novas incorporacións dos pasados anos destaca Surf, sendo un dos poucos municipios de Galicia que ofrece esta actividade para crianzas e a un prezo popular, ou marcha nórdica, demandada pola veciñanza tras impulsar un grupo o Centro de Saúde de A Xunqueira.
“O deporte é saúde física e mental, polo que desde o Concello non deixaremos de promover a súa práctica facendo unha programación tamén acorde á demanda da cidadanía”, explica o alcalde, Juan González.