O Tronko Bar en colaboración co Concello de Pontevedra organiza mañá, sábado, 14 de xuño a
terceira edición do Tronko Fest, unha referencia na música metal de Galiza e do Norte de Portugal. A sesión será no estacionamento situado na rúa Matos de Arango, no barrio de Ponte Muíños, e comezará a partir das 12.00 horas.
Nesta terceira edición participarán dúas bandas de Pontevedra, outras dúas galegas, dúas de Portugal, unha de Canarias, dúas de Madrid e unha de Extremadura. De todas elas cabe destacar os 35 anos que leva na escena musical “Matando Gratix” e “Guerrilla Urbana”, ou os 45 anos de “Mata Ratos”.
O xantar será a base de povlo e churrasco para os presentes.