HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo estreitan a...

A Deputación e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo estreitan a súa cooperación a prol da formación e especialización do alumnado

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu hoxe ao novo equipo decanal, liderado por Jesús Vázquez, que lle amosaron o proxecto da FCETOU para os vindeiros 6 anos, que terá a Ourense como eixo principal

A Deputación de Ourense e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo estreitarán a súa cooperación institucional a prol da formación e especialización do alumnado, tal e como acordaron esta mañá o presidente provincial, Luis Menor, e o equipo decanal da FCETOU, liderado por Jesús Vázquez e conformado por Elisa Alén, Elena Shakina, Mercedes Mareque e Manuel Alfredo Mosquera.

Luis Menor recalcou que a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo “é un elemento fundamental para o desenvolvemento da nosa provincia, polo seu grao de especialización, a calidade da súa docencia e o seu compromiso constante co desenvolvemento económico e turístico de Ourense”.

Na reunión, o equipo decanal presentoulle a Menor o seu proxecto para os vindeiros 6 anos, no que a provincia de Ourense, explicaron, “será o eixo central”, agradecendo ademáis a “boa receptividade” do presidente da Deputación coas iniciativas que lle amosaron a curto, medio e longo prazo.

Publicacións Relacionadas