O Concello de Caldas de Reis continúa apostando polo reforzo educativo e a promoción de hábitos de lectura entre a infancia do municipio.
No marco do Proxecto de Reforzo Escolar, que ofrece apoio educativo a alumnado de entre 5 e 17 anos dos centros escolares caldenses, puxéronse en marcha diversas iniciativas específicas, entre as que destaca LecturCaldas, un programa de fomento da lectura en familia dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos, en colaboración coa biblioteca municipal.
LecturCaldas naceu coa finalidade de mellorar a competencia lectora desde as idades máis temperás, fomentando o pracer pola lectura e reforzando o vínculo educativo entre menores e familias, favorecendo un espazo de aprendizaxe compartida onde a lectura se converteu nunha ferramenta de comunicación, afecto e crecemento.
Desde o Concello, valórase moi positivamente a acollida do programa por parte das familias participantes, rematando a experiencia coa entrega de diplomas de recoñecemento á consolidación de hábitos lectores.