HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación e Ponteareas levan a realidade virtual ao Corpus Christi cun...

A Deputación e Ponteareas levan a realidade virtual ao Corpus Christi cun novo portal web e un museo ao aire libre por un investimento de case 170.000 €

- Anuncio -spot_img

“Con estas iniciativas –subliñou o presidente Luis López- queremos seguir promovendo o crecemento equilibrado e sostible do turismo e impulsar a modernización e dixitalización deste sector tan importante para a nosa economía”

As actuacións enmárcanse no Plan de Sostibilidade Turística do Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos, dotado con 1,5 millóns de euros e financiado con fondos NextGeneration da Unión Europea

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas asinarán un convenio de colaboración por valor de preto de 170.000 euros para levar a cabo un produto de realidade virtual e un museo ao aire libre arredor da festa do Corpus Christi. A Xunta de Goberno do organismo provincial acaba de dar luz verde a este convenio co que “queremos seguir promovendo o crecemento equilibrado e sostible do turismo e impulsar a modernización e dixitalización deste sector tan importante para a nosa economía”, asegurou o presidente Luis López.

O convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística do Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos, dotado con 1,5 millóns de euros e financiado con fondos Next Generation da Unión Europea, e permitirá poñer en marcha novas ferramentas dixitais que consisten na implantación e mantemento dunha plataforma museográfica virtual para poñer en valor como recurso turístico a festa do Corpus Christi. Ademais, a actuación completarase coa creación e instalación de elementos para a divulgación e interpretación da festa, declarada de interese turístico internacional e que este ano se celebrará o 22 de xuño.

Ao detalle, esta iniciativa permitir reforzar a interpretación do Corpus Christi, apoiar e poñer en valor o oficio das persoas alfombristas realizando un traballo de documentación e inventario fotográfico das alfombras florais e do seu proceso de creación, desestacionalizar a demanda turística e incrementar a sostibilidade do destino. Deste xeito crearase un portal web que permitirá amosar a historia e orixe da festa, con experiencias audiovisuais a través dun percorrido polas rúas de Ponteareas amosando as alfombras e os traballos previos para a súa confección. Tamén se dixitalizará, xerará e incorporará contido audiovisual relacionado co Corpus Christi e instalarán tótems interactivos no percorrido no que habitualmente se sitúan as alfombras para poder coñecer estes elementos en calquera momento do ano.

O Plan de Sostibilidade Turística en Destino Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos ten como finalidade promover o crecemento equilibrado e impulsar a renovación do sector turístico da comarca e orientalo na dinámica do turismo sostible, mellorando tamén a calidade de vida na contorna. A idea é situar ás persoas no centro da estratexia, potenciando a xeración de oportunidades e a participación cidadá e dos visitantes no desenvolvemento dun novo modelo turístico.

Publicacións Relacionadas