HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda aumenta a seguridade no skate park da Atalaia

A Guarda aumenta a seguridade no skate park da Atalaia

- Anuncio -spot_img
  • O Concello instalou unha nova varanda no skate park e agárdanse novas intervencións

O Concello da Guarda instalou no skate park da Atalaia unha nova varanda para aumentar a seguridade desta zona de ocio. A nova varanda presenta unhas barras dispostas de xeito vertical e máis xuntas, de forma que evite a caída de obxectos cara a zona do paseo marítimo ou da zona de estrada.

Ademais, presenta unha mellor ancoraxe para aumentar a súa resistencia e duración ante o alto uso e afluencia de mocidade desta zona de ocio do porto. “Ao final o que aporta esta varanda é maior seguridade para usuarios, pero tamén para os viandantes do paseo”, recalca o alcalde da Guarda.

Esta acción non será a única da zona, pois nas próximas semanas cambiaranse as porterías e canastas da pista multideportiva contigua, xa que ante o uso e os efectos do mar e do tempo presentan un alto desgaste.

“Son intervencións que eran necesarias, pois agora coa chegada do verán aumentan os usuarios destas pistas. Ademais, a comezos de agosto teremos o Galifornia Beat nesta zona e debe estar nas mellores condicións”, recorda Roberto Carrero.

Publicacións Relacionadas