HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López anuncia a aprobación do expediente para contratar a mellora da...

Luis López anuncia a aprobación do expediente para contratar a mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-9701 Baión-András, cun investimento de preto dun millón de euros

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno acaba de dar luz verde ao expediente para a contratación desta actuación en Vilanova de Arousa que permitirá, entre outras cuestións, dotar á estrada provincial Baión-András dunha senda peonil 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde ao expediente para a contratación da mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-9701 Baión-András en Vilanova de Arousa. Trátase dunha actuación que ten un orzamento de preto dun millón de euros e que será financiada ao 80% pola Deputación (800.000 €) e ao 20% polo Concello de Vilanova (200.000 €), encargado tamén de aportar os case 20.000 euros necesarios para as expropiacións.

Deste xeito, tal e como subliñou o presidente, actívanse as engrenaxes para iniciar os traballos nestas estrada provincial e poñer fin aos problemas de seguridade viaria nunha vía con denso tráfico rodado e movemento de persoas. Neste eido, a institución provincial actuará no treito situado entre os puntos quilométricos 0+000 e o 0+560, no inicio da estrada.

Con este preto dun millón de euros contémplase crear unha senda peonil en formigón coloreado pola marxe esquerda nos primeiros 500 metros e a creación dunha zona de convivencia entre peóns e vehículos nos últimos 60 metros. Ademais, instalarase unha canle prefabricada de formigón para recoller as augas nos días de chuvia e procederase a realizar os traballos de renovación do aglomerado e realización dunha correcta sinalización horizontal e vertical, entre outras actuacións.

“Unha semana máis –remarcou o presidente da Deputación Luis López- seguimos aprobando recursos para que os 1.700 quilómetros que integran a rede de estradas provinciais que vertebran o noso territorio, estean en inmellorables condicións de seguridade”.

Publicacións Relacionadas