HomeO SalnésA Illa de ArousaA Xunta adxudica por preto de 3,5M€ o contrato para a explotación...

A Xunta adxudica por preto de 3,5M€ o contrato para a explotación e mantemento das depuradoras de Cambados, A Illa de Arousa, Meaño e Ribadumia

- Anuncio -spot_img
  • Nel inclúense os traballos necesarios para que as instalacións se manteñan en condicións óptimas de funcionamento e cumpran os obxectivos de depuración das augas residuais dos núcleos de poboación da contorna
  • O saneamento e o abastecemento son competencias municipais aínda que o Goberno galego proporciona apoio técnico e financeiro aos concellos que o precisen

A Xunta adxudicou por preto de 3,5 millóns de euros, IVE incluído, o contrato para a explotación e o mantemento das estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) de Tragove (Cambados), A Illa de Arousa, Meaño e Ribadumia, infraestruturas de tratamento que xestiona Augas de Galicia desde hai varios anos.

O contrato adxudicado, cun período de vixencia de 19 meses, abrangue os traballos de explotación, mantemento e conservación das instalacións destas catro depuradoras co fin de que estean mantidas en condicións óptimas de funcionamento e permitindo acadar así os cometidos para os que foron deseñadas.

As tarefas inclúen tamén a realización de melloras puntuais para optimizar o funcionamento das EDAR, como son a renovación de certos equipos electromecánicos; a instalación de equipos auxiliares e de placas fotovoltaicas; modificacións na instalación eléctrica e nos automatismos; mellora dos elementos de control e supervisión; instalación de sistema de monitorización enerxética e outras, de tal forma que sexa posible levar a cabo un maior aproveitamento das capacidades das infraestruturas e incrementar a súa eficacia e eficiencia, tanto para a depuración das augas como para a propia conservación, procurando, ademais, un uso eficiente dos recursos.

Cómpre lembrar que a prestación dos servizos de saneamento e abastecemento é, segundo a lexislación vixente, unha responsabilidade de carácter municipal. Non obstante, a Xunta de Galicia proporciona o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o precisen, a fin de facilitar que se acade unha óptima xestión das infraestruturas de saneamento e depuración á disposición da cidadanía.

A explotación, conservación e mantemento das infraestruturas hidráulicas teñen como obxectivo garantir a correcta depuración das augas residuais e ofrecer un servizo de calidade que responda ás necesidades reais da poboación e do medio ambiente.

Neste contexto cómpre lembrar que actualmente Augas de Galicia se encarga da explotación dun total de 28 estacións depuradoras de augas residuais no conxunto da comunidade, entre as que se atopan as catro instalacións obxecto do presente contrato.

Publicacións Relacionadas