HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López asina coa alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, o convenio co...

Luis López asina coa alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, o convenio co que a Deputación financia o 100 % da humanización da Avenida do Parque

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial salienta a combinación dos fondos do Plan Extra e o +Provincia para executar un proxecto, valorado en 750.000€, que mellora os servizos urbanos

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello de Silleda a través dos plans de Cooperación supera os 1,6M€

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, para a mellora da mobilidade peonil na Avenida do Parque. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Fernández selaron un acordo a través do cal o organismo provincial financia a totalidade dos máis de 747.000 euros dos que está valorada a obra cunha achega de 597.700€ a través do Plan Extra e co aporte de 149.400€ para cubrir a parte correspondente do Concello a través do Plan +Provincia. “Unha actuación financiada ao 100 % pola Deputación de Pontevedra, que vai converter a zona nun  espazo máis amable para os peóns e con melloras na seguridade do tráfico rodado”, afirmou o mandatario provincial.

O proxecto permitirá dotar os espazos públicos existentes na contorna da Avenida do parque dunha mobilidade amable para as persoas e permitir formas de desprazamento máis sostibles. Localizada no sur do núcleo urbano de Silleda, a zona de actuación abarca o tramo inicial desta avenida, desde o entroncamento coa estrada ata pasada a intersección coa Rúa Santa Olaia. Nestas seccións procederase a executar o novo pavimento do seguinte xeito: na Rúa Santa Olaia, plataforma única con tráfico compartido e prioridade peonil, pavimentando o espazo público en pedra granítica; na    Avenida do Parque, tramo de prioridade peonil en plataforma única, a calzada en formigón gris, a banda de aparcamento en formigón negro e as beirarrúas en pedra granítica; e no tramo de plataforma única con tráfico compartido execútase todo en pedra granítica

A colaboración da Deputación co Concello de Silleda non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis arredor de 1,63M€ a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. “Poñemos recursos á disposición dos concellos para que en aras á súa autonomía poidan executar proxectos que melloren a calidade de vida das persoas”, concluíu Luis López.

Publicacións Relacionadas