HomeOurenseO Concello reabrirá mañá as termas públicas e gratuítas da Chavasqueira

O Concello reabrirá mañá as termas públicas e gratuítas da Chavasqueira

- Anuncio -spot_img

O nivel do río estabilizouse e isto permitiu realizar os traballos de limpeza, desinfección e acondicionamento para a súa posta en servizo

O Concello de Ourense reabrirá mañá, mércores, 18 de xuño ao público a zona termal pública e gratuíta da Chavasqueira, na marxe dereita do río Miño. A reapertura é posible logo de que nos últimos días se estabilizase o nivel do río, o que lle permitiu ao Concello realizar os traballos de limpeza, desinfección, arranxo e acondicionamento do espazo necesarios para a súa posta en funcionamento. As instalacións contarán xa desde mañá con servizo de vixilancia, por parte da empresa Saudeter, que gañou a licitación para a vixilancia dos espazos termais da marxe do río. O horario de apertura da Chavasqueira é de 10 a 22 horas.

Publicacións Relacionadas