HomeOurenseO Descenso do Miño reunirá este sábado en Ourense medio milleiro de...

O Descenso do Miño reunirá este sábado en Ourense medio milleiro de piragüistas na súa edición número 56

- Anuncio -spot_img

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación da edición número 56 do Descenso do Miño de Ourense, que se desenvolverá o vindeiro sábado, 21 de xuño pola tarde. A proba reunirá medio milleiro de participantes, que converterán un ano máis a cidade de Ourense e a súa contorna en referente deste deporte. O torneo está organizado pola Federación Galega de Piragüismo, o Club Piragüismo Ourense e o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, coa colaboración dos outros 4 concellos polos que pasa a proba: Coles, O Pereiro, Nogueira de Ramuín e A Peroxa.

Esta mañá tivo lugar a presentación do evento, nun acto no que participaron os alcaldes de Ourense, Gonzalo Jácome, e Coles, Manuel Rodríguez, o presidente do Consello Municipal de Deportes, Aníbal Pereira, o concelleiro de Nogueira de Ramuín, Raul Soto, e o xerente do CMD, Jorge Encinas, xunto con Fredi Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo, e Jorge Varela e Luis Iglesias, do Club Piragüismo Ourense

O descenso, que este ano se desenvolverá o sábado pola tarde, en vez de en domingo, incrementa este ano a súa participación en 150 piragüistas. Terá saída ás 17.00 horas desde Barra de Miño, nas categorías de cadetes e feminina, e desde Os Peares, para xuvenil, sénior e máster. O remate será entre as 19.00 e as 19.30 horas e ás 20.00 h será a entrega de trofeos

Publicacións Relacionadas