HomeA CoruñaUnha persoa ferida tras o envorco dun vehículo nunha peaxe da AP-9,...

Unha persoa ferida tras o envorco dun vehículo nunha peaxe da AP-9, ao seu paso polo concello de Bergondo

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros do parque provincial de Betanzos foron requiridos esta tarde pola envorcadura dunha furgoneta diante da barreira dunha peaxe no quilómetro 1F da AP-9, ao seu paso polo concello de Bergondo e en dirección A Coruña.

O aviso deuno o 112 ás 16:37 horas, indicando que a única persoa ocupante do vehículo se atopada ferida e atrapada. Unha vez no punto, os bombeiros axudaron a vítima a saír do vehículo polo cristal dianteiro para ser trasladada polo 061 ao CHUAC.

No operativo participaron persoal das cabinas de cobro das peaxes (sendo os primeiros en prestar axuda), Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Bergondo e membros de mantemento de autoestradas.

Publicacións Relacionadas