O tren turístico non funcionará o sábado e o domingo polos cortes de tráfico das Festas
O servizo de autobuses urbanos do Concello de Ourense activa desde hoxe a liña número 23: Xardín do Posío – Oira, para facilitar o desprazamento ás piscinas e a zona recreativa durante o verán. A liña funcionará até o día 31 de agosto. Ten saídas desde as 15.00 até as 21.40 horas, cada 40 minutos, desde O Posío e realiza paradas na Alameda, Progreso, Parque de San Lázaro, Curros Enríquez, Ponte Nova, Viaducto, Peliquín e Alfredo Brañas. As viaxes de volta son desde as 15.20 até as 22.00 h, con paradas en Peliquín, viaducto, Curros Enríquez, Parque de San Lázaro, Xoán XXIII e Alameda.
Tren das Termas
A liña 19: Tren Turístico das Termas de Outariz suspenderase o sábado, 21, e o domingo, 22 de xuño, debido aos cortes de tráfico previstos na rúa Pardo de Cela e a Ponte Romana para desenvolver a programación das Festas de Ourense 2025. As persoas que desexen achegarse ás Termas de Outariz en transporte público poden facelo utilizando a liña número 5 dos autobuses urbanos: Ceboliño-Reza, que ten parada xunto á pasarela de Outariz.