HomeXunta de GaliciaA Xunta destaca o papel fundamental do sector do granito para o...

A Xunta destaca o papel fundamental do sector do granito para o desenvolvemento económico de Galicia

- Anuncio -spot_img
  • O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participa na clausura da xornada Normativas, oportunidades e recursos para o sector da pedra natural
  • Avoga por continuar traballando para que o granito galego siga sendo unha referencia nacional e internacional e demostre as súas vantaxes fronte a outros produtos coma os sintéticos

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, destacou hoxe o papel fundamental que ten o sector do granito para o desenvolvemento económico e sustentable de Galicia.

Fernández Vila participou en Ourense na clausura da xornada Normativas, oportunidades e recursos para o sector da pedra natural onde avogou por continuar traballando para que o granito galego siga sendo unha referencia nacional, pero tamén internacional, e demostre as súas vantaxes fronte a outros produtos coma os sintéticos. “O granito ten unha oportunidade única na actualidade grazas á sustentabilidade do produto”, sinalou.

Nesta liña, lembrou que a Xunta “sempre defendeu e defenderá que unha minería xeradora de riqueza é a única minería posible” e que para que esa xeración de riqueza se produza é fundamental que “sexa respectuosa co medio ambiente e compatible coa saúde, tanto dos traballadores como da poboación”, dixo.

Finalmente, durante a súa intervención, apelou á importancia da prevención e á mellora das condicións, e lembrou a liña de axudas do Goberno galego para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais, que definiu como “estratéxica” nos orzamentos da Xunta. “Precisamente, un dos eixos da Axenda de Impulso da Minería Sustentable de Galicia 2030 é a seguridade e saúde laboral, o risco cero”, subliñou.

Publicacións Relacionadas