HomeO MorrazoMarínO BNG denuncia o estado de abandono do parque da urbanización Virxe...

O BNG denuncia o estado de abandono do parque da urbanización Virxe do Carme

- Anuncio -spot_img

Lucía Santos: “Estamos a recibir queixas continuas polo mal estado dos parques infantís en todo o municipio. Falla mantemento e falla seguimento, e iso nun espazo onde xogan crianzas é simplemente inaceptable”

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de denunciar o estado de abandono que presenta o parque infantil da urbanización Virxe do Carme, coñecida como zona dos Suboficiais. Segundo trasladaron varias familias usuarias da área, a contorna atópase nun estado que consideran “perigoso” para os nenos e nenas.

A formación nacionalista xa levou o caso á comisión informativa de parques e pediu á súa presidenta, Cristina Acuña, que o Concello revise de urxencia as instalacións. Santos tamén solicitou que se precinten os xogos que supoñan un risco ata que se leven a cabo as reparacións necesarias.

A voceira do BNG, Lucía Santos, advertiu da presenza de estruturas de madeira podres e con risco de rotura, cordas de escalada soltas ou a piques de romper, buracos no chan e elementos totalmente deteriorados. “Hai perigo real de que a rapazada sufra danos. É incríbel que este parque siga aberto nestas condicións”, lamentou.

Desde o BNG insisten en que esta situación non é puntual. “Estamos a recibir queixas continuas polo mal estado dos parques infantís en todo o municipio. Falla mantemento e falla seguimento, e iso nun espazo onde xogan crianzas é simplemente inaceptable”, concluíu a edil nacionalista.

Publicacións Relacionadas