Xoán Reices: “O goberno do PP vén de arrasar unha illa natural na praia dos veciños e veciñas da Estrada”
O BNG da Estrada pide explicacións ao goberno municipal por unha actuación na praia do Liñares que destruíu unha illa natural do río. O concelleiro do BNG Xoán Reices que “isto é unha desfeita”, afirmou, “é inconcibíbel que se poida actuar con este desleixo e esta impunidades sobre o noso medio natural, nunha contorna de recreo e esparexemento moi especial para os nosos veciños e veciñas”.
O BNG da Estrada levará a pleno esta desfeita. “Chegaremos ao final”, engade Reices, “queremos saber se o alcalde era consciente desta obra e do dano que ía causar neste entorno natural; queremos saber con que permisos contaba o concello para actuar deste xeito”. O BNG non descarta levar esta actuación do concello ao Parlamento Galego, “indagaremos para saber se Augas de Galicia era sabedora desta actuación e se a autorizou ou non”, engade o concelleiro nacionalista.
Un partido Terminator
O concelleiro do BNG afirma que “non é a primeira vez que o PP fai unha actuación agresiva sobre o noso medio natural”, afirma, “hai 10 anos outra actuación do concello arrasou a praia fluvial de Barcala, un espazo de lecer localizado en plena Red Natura 2000”.
“Son o partido Terminator”, afirma Reices, “son o partido do cemento, é o único que lles tira”.