HomePontevedraO Condado"Café con gotas", a obra escrita polo obradoiro de teatro en igualdade,...

“Café con gotas”, a obra escrita polo obradoiro de teatro en igualdade, estrease o vindeiro 28 de xuño

- Anuncio -spot_img

Despois de tres meses traballando, o grupo de mulleres do Obradoiro de Teatro en Igualdade ten data de estrea para a súa obra, será o sábado 28 de xuño ás 22:00 horas na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño. Baixo o título, “Café con gotas” as participantes crearon e prepararon unha obra teatral dirixida por Ángel Vidal.

A Concellería de Igualdade do Concello de Salvaterra de Miño celebra o traballo realizado e a ilusión de que un proxecto novo que explora a creatividade e promove a igualdade de xénero a través das artes escénicas sexa unha realidade.
“Teatro en Igualdade” buscaba ofrecer un espazo onde as participantes puidesen expresar as súas ideas e sentimentos sobre a igualdade, a diversidade e o empoderamento ademais de formarse e traballar na interpretación.

Este obradoiro que forma parte das accións enmarcadas na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade remata así coa posta en escea da obra á que estades todos convidad@s.

Publicacións Relacionadas