HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López participa na concentración do municipalismo español en Madrid para reclamar...

Luis López participa na concentración do municipalismo español en Madrid para reclamar ao Goberno un novo financiamento local e o desbloqueo dos remanentes

- Anuncio -spot_img

O mandatario provincial tomou parte da protesta convocada pola FEMP ás portas do Congreso para reclamar ao Goberno que atenda a reivindicación das entidades locais: a liberación dos aforros para executar investimentos nos concellos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este mércores en Madrid na convocatoria por parte da FEMP de todo o municipalismo español para reclamar ao Goberno central o desbloqueo dos remanentes das entidades locais para que poidan executar investimentos, así como a modificación do sistema de financiamento destas administracións, a actualización das entregas a conta para o ano 2025, o abono das liquidacións correspondentes ao exercicio do 2023 e a convocatoria do órgano de diálogo das entidades locais co Executivo que leva tres anos sen reunirse.

Ás portas do Congreso, o mandatario provincial uniu a súa voz á de numerosos alcaldes, concelleiros e presidentes provinciais para conseguir unhas reivindicacións históricas que contan co consenso de todos os grupos políticos que forman parte da Federación Española de Municipios e Provincias.

“Desde a Deputación estamos mobilizando unha gran cantidade de recursos que están a transformar a provincia e a mellorar a calidade de vida da veciñanza. Un volume de iniciativas transformadoras que podería ser moito máis significativo se o Goberno atende o que é un clamor para os concellos: desbloquear os aforros”, defende Luis López.

Unha reclamación que o mandatario provincial leva abandeirando desde hai meses en encontros institucionais, comunicacións co Goberno central e mesmo en inauguracións de obras financiadas pola Deputación.

Publicacións Relacionadas