HomeVigoBaionaA Asociación Folcrórica Airiños dá Lagoa Baíña celebra este sábado 21 de...

A Asociación Folcrórica Airiños dá Lagoa Baíña celebra este sábado 21 de xuño a sua tradicional “Foliada”

- Anuncio -spot_img

A casa dos veciños de Baíña acolle este sábado 21 de xuño de 2025, a partir das 22:00H a XVII edición da súa tradicional sardiñada, organizada pola Asociación Folclórica “Airiños dá Lagoa”.

Estará presente para amenizar a velada o grupo “Os trebellos”, acompañado doutros grupos folclóricos da comunidade que se poden unir para animar aos veciños nesta xuntanza tan esperada.

Todos os participantes poderán gozar este evento e terán a oportunidade de deleitarse coa mellor música folclórica tradicional, degustar produtos típicos da terra, como sardiñas e pan de millo, bocadillos de chourizo, e chocolate con rosca para finalizar.

Aproveitamos este evento  para lembrar que os asistentes poderán aproveitar a oportunidade  de anotarse para participar na nova rondalla de Baiña, que enche de orgullo a todos os veciños da nosa vila.

Desde o Concello de Baiona queremos animar a continuar coa celebración destas tradicións para que se poidan prolongar no tempo e non se perdan co paso das xeracións.

Publicacións Relacionadas