HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu recibiu ao equipo infantil feminino do Bueu Atlético...

O concello de Bueu recibiu ao equipo infantil feminino do Bueu Atlético Balonmán

- Anuncio -spot_img
  • Félix Juncal, alcalde da vila, salientou a labor social do club que “sempre traballades dende a base” e dirixiuse ás deportistas para reivindicar “este momento como o máis importante das vosas vidas a nivel deportivo”
  • O Lapamán Área de Servicio do Bueu Atlético Balonmán quedou clasificado como o sétimo mellor equipo a nivel estatal despois do Campionato de España Infantil Feminina de Balonmán

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este xoves pola tarde un recibimento ao Lapamán Área de Servicio do Bueu Atlético Balonmán, que vén de participar no Campionato de España Infantil Feminina de Balonmán do que se celebrou unha fase hai unhas semanas no Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu e no que quedaron clasificadas como as sétimas mellores de España.

Félix Juncal, alcalde de Bueu, que estivo acompañado de concelleiros e concelleiras da corporación municipal, recoñeceu os éxitos deportivos acadados que “posiblemente sexan os máis importantes das vosas vidas”, cualificou dirixíndose ás deportistas. O rexedor tamén falou do deporte como “unha forma de vivir e sentir”. E por último quixo poñer en valor o “gran traballo do Bueu Atlético Balonmán, porque sempre traballades dende a base”.

A continuación interveu Manuel Castro, presidente do Bueu Atlético, quen se mostrou emocionado porque “este acto é polo noso traballo, pois entre todos somos capaces de espallar o club e o nome de Bueu máis alá e iso énchenos de moito orgullo”.

A continuación, os concelleiros e concelleiras da corporación, ademais de representantes do club, fixéronlles entrega ás deportistas duns diplomas en lembranza deste día e dos éxitos acadados.

O equipo Lapamán Área de Servicio Bueu Atlético Balonmán está conformado por Uxía Sotelo López, Mara Martínez Pastoriza, Ainhoa Blanco Sánchez, Violeta Miranda Rodríguez, Ainhoa Piñeiro González, María Canosa Menduíña, Marina Torres Gago, Carlota de la Torre Santos, Julia González Barreiro, Laura Iglesias Loira, Daniela Pazo Campos, Alexandra Ríos Sánchez, Ana Márquez Gil, Marta Chapela Pouseu e Marina Méndez Gómez. Como adestrador está Roque Arias Buceta, como axudante de adestrador, Martiño Castro Piñeiro, e como oficiais Sergio Pazo Portas e Marta Piñeiro Torres.

Publicacións Relacionadas