HomeTabeirósA EstradaO BNG da Estrada denuncia o incumprimento por parte da Xunta do...

O BNG da Estrada denuncia o incumprimento por parte da Xunta do compromiso de declarar Rapa das Bestas como BIC antes da edición deste ano

- Anuncio -spot_img


Reices: “É hora de pasar  dos anuncios aos feitos

O voceiro do BNG da Estrada, Xoán Reices, acusou hoxe ao goberno da Xunta de “faltar á súa palabra e desprezar o patrimonio cultural galego” ao non declarar a Rapa das Bestas como Ben de Interese Cultural (BIC) antes da celebración deste ano, como se comprometera publicamente.

Reices foi especialmente crítico coa falta de compromiso do actual conselleiro de cultura, López Campos, ex alcalde da Estrada. “É incomprensible que alguén que coñece de primeira man o valor e transcendencia da rapa das bestas non teña feito aínda nada efectivo para garantir a súa protección institucional”.

“A rapa das bestas é unha manifestación única do noso patrimonio inmaterial, recoñecida e admirada dentro e fóra do país, pero a Xunta nin sequera é quen de cumprir os prazos que eles mesmos anuncian” engadiu Reices.

O BNG da Estrada esixe que se axilice o proceso de declaración BIC e que se fagan públicos os motivos deste atraso. “É hora de pasar  dos anuncios aos feitos” concluíu Reices.

Publicacións Relacionadas