HomeVigoO PorriñoO Porriño amence cuberto de flores para celebrar o Corpus Christi

O Porriño amence cuberto de flores para celebrar o Corpus Christi

- Anuncio -spot_img

Tras unha noite de intenso traballo e emoción colectiva, O
Porriño espertou esta mañá cunha das súas tradicións máis fermosas vestindo as rúas: as
alfombras florais do Corpus Christi, auténticas obras de arte efémeras que xa agardan o paso
da procesión deste mediodía.
Desde primeiras horas da tarde de onte, centos de veciños e veciñas de tódalas idades —avós,
pais, fillos e netos— traballaron man a man para crear máis de de 900 metros cadrados de
tapices florais, ao longo dos 290 metros que unen a igrexa de Santa María coa praza do
Arquitecto Antonio Palacios. O resultado é un espectáculo visual que mestura tradición,
identidade e beleza.
O esforzo de colectivos como as Amas de Casa Rosais e de numerosos voluntarios doutras
parroquias fixo posible este tapiz comunitario feito con pétalos, follas, area, virutas e moito
agarimo. Este ano, ademais, a temática rende homenaxe á tradición alfombrista do Porriño,
que se remonta a 1930.
Actos principais do Corpus: procesión e misa solemne
Hoxe domingo celébrase o día grande do Corpus Christi, cun dos momentos máis agardados:
● 12:00 h | Misa solemne na igrexa parroquial de Santa María
● A continuación, procesión do Santísimo Sacramento polo percorrido alfombrado
Será un momento de gran simbolismo e emoción, coa participación de nenos e nenas da
primeira comuñón, autoridades, confrarías e centos de persoas que acompañarán ao Santísimo
polo tapiz elaborado con tanto esforzo pola veciñanza.
“Hoxe O Porriño amence orgulloso da súa tradición, do traballo colectivo e da beleza que
emana das súas rúas. O Corpus é unha festa que nos une e nos representa. Sen a Asociación
Amas de Casa Rosais, os nenos e nenas, os voluntarios e os veciños e veciñas que
colaboraron, non sería posible facer todo isto”, declarou o Alcalde Alejandro Lorenzo, que
tamén participou na elaboración das alfombras. “Convidamos a toda a cidadanía a achegarse e
vivir este día tan especial. As alfombras son arte viva feita por e para o pobo”, engadiu o
rexedor.

Publicacións Relacionadas