HomeTabeirósA EstradaXoán Reices denuncia o deficiente funcionamento do punto limpo

Xoán Reices denuncia o deficiente funcionamento do punto limpo

- Anuncio -spot_img

“Desde o cambio da empresa que xestiona este este espazo, as colas e os tempos de espera para deixar o lixo incrementáronse notablemente, chegando a preto dunha hora”, afirma

O concelleiro do BNG, Xoán Reices, denuncia o deficiente funcionamento do punto do limpo do concello da Estrada. Segundo explicou, “desde o cambio da empresa que xestiona este este espazo, as colas e os tempos de espera para deixar o lixo incrementáronse notablemente, chegando a preto dunha hora”. “Isto é inconcibíbel”, afirmou, “o alcalde ten que buscar unha solución para que axilizar a prestación deste servizo, cuxo bo funcionamento debería ser unha incentivo para que os veciños e veciñas leven o lixo a este punto, mais agora mesmo non é así”.

Desde o BNG apuntan á falta de persoal como o principal problema. Segundo explicou Reices, “se antes había un mínimo de dúas persoas atendendo o servizo, agora só hai unha, o que ralentiza enormemente o atendemento dos usuarios e usuarias”. “Isto hai que solucionalo”, afirmou o concelleiro do BNG, “o alcalde ten que buscar unha solución para que a prestación do servizo de recollida de lixo do punto limpo sexa rápido e eficaz”.

Por outra parte o BNG volve poñer o acento no lixo que se amorea nas marxe do punto limpo e do matadoiro. “Hai semanas que desde o BNG vimos denunciando este feito e a día de hoxe o alcalde aínda non lle puxo remedio”, afirma, “sabemos que se este lixo estivese na alameda xa estaría recollido, mais como está alá perdido do no medio do monte ao alcalde non lle importa”.

Publicacións Relacionadas