HomePontevedraO SalnésO BNG denuncia a nula accesibilidade dos autobuses con servizo ao Hospital...

O BNG denuncia a nula accesibilidade dos autobuses con servizo ao Hospital do Salnés

- Anuncio -spot_img

O Bloque Nacionalista Galego solicita ás empresas responsábeis que cambien os autobuses que normalmente cobren as liñas ao Hospital do Salnés por outros máis accesíbeis para persoas con problemas de mobilidade reducida.

            O Hospital do Salnés e o centro médico público de referencia para toda a comarca. A diario son centos as persoas que acoden a el para ser atendidos tanto no servizo de urxencias coma polos médicos especialistas que alí se atopan, para a realización de diferentes probas médicas, ou sinxelamente para visitar ou acompañar as persoas que alí se atopan ingresadas.

            Co fin de facilitar o acceso ao hospital existen diferentes liñas de autobús que dan servizo ás persoas que optan esta opción para desprazarse ata o centro médico. Hai que ter en conta que as persoas usuarias deste servizo son en numerosas ocasións persoas enfermas, ou con mobilidade reducida. As características dos vehículos utilizados, os de tipo “interurbano” dificultan o acceso para os pacientes que alí acoden, e fan imposíbel que outras persoas que potencialmente serían usuarias do mesmo, o utilicen dado as trabas que fisicamente lles supón esa opción, mesmo polo impedimento físico á hora de subir e baixar os chanzos do mesmo, ou ante a imposibilidade de acceder en cadeira de rodas ou mesmo con muletas ou o carriño dun bebé.

            Ante isto dende o BNG consideramos que sería totalmente necesario reformular os termos do servizo e cubrir o mesmo cos autobuses de tipo urbano, os cales contan con plataformas de acceso, así coma con portas amplas que permiten unha maior e mellor accesibilidade, ademais de non contar cos empinados chanzos cos que poden contar o outro tipo de autobuses da frota.

            Ante isto, tratándose dunha demanda da poboación, e entendendo que trátase dun servizo básico para a mesma, solicitámoslle ás diferentes administracións a que insten ás empresas responsábeis a cubrir as liñas ao Hospital do Salnés con este tipo de autobuses que sexan máis accesíbeis para todas e todos.

Publicacións Relacionadas