HomeVigoMos“En Bici esperando á Volta”: clases de spinning ao aire libre no Pazo de...

“En Bici esperando á Volta”: clases de spinning ao aire libre no Pazo de Mos.

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos, en colaboración con Xeiras, organiza tres xornadas de actividade física abertas á veciñanza baixo o título “En Bici esperando á Volta”, en referencia á chegada de La Vuelta Ciclista a España ao noso concello. Trátase de clases de spinning ao aire libre que se celebrarán os domingos 13, 20 e 27 de xullo, con dúas sesións cada día, ás 9:30 e ás 10:30 horas, no Pazo de Mos.

A actividade é gratuíta, con prazas limitadas, polo que será necesaria inscrición previa no correo electrónico info.xeirass@gmail.com ou no teléfono 613.811535.

Para participar nesta actividade non é preciso levar material, só se recomenda roupa deportiva cómoda e moitas ganas de participar, facendo deporte ao aire libre. Ademais, durante as sesións haberá música, sorteos, fotos e vídeos para animar aínda máis a experiencia.

Con esta iniciativa, o Concello de Mos quere promover a práctica de exercicio físico nun ambiente festivo e de preparación para unha das citas deportivas máis importantes do ano, como é a chegada dunha etapa de La Vuelta España a Mos o próximo 9 de setembro.

Publicacións Relacionadas