- O obxectivo do coro é recuperar a tradición eibarresa de cantar na rúa ou nos bares, tamén coñecido como txikiteo ou en Galicia, cantos de taberna
Este venres temos unha visita moi especial: o coro Kaleetan Kantuz (Eibar, Gipuzkoa), que percorrerá as rúas da Guarda.
Irán enchendo coa súa música as rúas polas que pasarán, desde a praza do Reló e de Avelino Vicente, ata chegar ao porto. Este coro ten como obxectivo recuperar a tradición eibarresa de cantar na rúa ou nos bares, tamén coñecido como txikiteo ou en Galicia, cantos de taberna.
Esta agrupación está formada por uns 40 integrantes interpretando repertorio maioritariamente en euskera e castelán, aínda que durante este curso tamén traballaron con cancións galegas e portuguesas.
A súa directora Iria Muñoz de Santiago, incorporase ao frente desta agrupación en outubro de 2024. Contan cun gran percorrido ao redor do mundo visitando lugares como Estambul, New York, Patagonia arxentina, Alemaña, e tamen a nivel nacional como o Teatro de Barakaldo ou o Coliseo de Eibar.
Kaleetan Kantuz (en galego, Cantando nas rúas) visitarannos este venres 27 de xuño a partir das 19:30h.