HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda Diversa trae actividades para que todas as idades celebren a...

A Guarda Diversa trae actividades para que todas as idades celebren a diversidade LGTBIQA

- Anuncio -spot_img
  • O convivio celebrase nos xardíns do Centro Cultural e haberá actividades para pequenos e maiores

O día 28 de xuño do 2025, con motivo do Orgullo LGBTIQA+, celebrarase no Concello da Guarda un convivio aberto a toda a cidadanía a partires das 19:30h da tarde nos xardíns do Centro Cultural.

Este convivio constituirá un espazo seguro para as persoas do colectivo, onde as súas

identidades, orientacións do desexo e expresións de xénero non só non han de ser

cuestionadas, senón que serán celebradas. Por outra banda, tamén achegará ás demais

persoas, unha pequena mostra das realidades diversas nun ambiente ameno e lúdico, á par que informativo.

Realizarase unha merenda, diversos xogos e dinámicas abertas para tódalas persoas

participantes. Ademais, haberá unha parte educativa, con carteis sobre a historia do Orgullo e os retos que enfronta o colectivo a día de hoxe.

Tamén acolleremos ás crianzas, pois teremos actividades pensadas para elas, espazos de diversión e experimentación, como xogos e espazos de expresión artística. Para rematar teremos a actuación da DJ Tonita.

O alcalde, Roberto Carrero, cree que “segue a ser moi importante levar a cabo accións de visibilización e sensibilización para rematar coas discriminacións e para poder gozar dunha vila diversa”.

Publicacións Relacionadas