HomePontevedraDomínguez denuncia a parálise absoluta das obras do nó de bombeiros, o...

Domínguez denuncia a parálise absoluta das obras do nó de bombeiros, o vial de Mollavao e o paseo a Marín

- Anuncio -spot_img

• “O BNG é cómplice porque sostén a Sánchez no poder a pesar de que as investigacións por corrupción, como a que afecta a Adif, están a prexudicar directamente a Pontevedra e a proxectos fundamentais como o novo vial de Mollavao”, advirte

• O líder do PP de Pontevedra rescata a súa comparecencia de febreiro para esixir que a remodelación do nó de bombeiros e a finalización do paseo a Marín retómense e finalícense

O presidente e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, denunciou este mércores a incerteza absoluta ao redor de obras fundamentais para o futuro da cidade como a remodelación do nó de bombeiros, o novo vial de acceso a Mollavao ou a finalización do paseo peonil a Marín.

O líder do PP atribuíu estes atrasos á parálise na xestión do Goberno de Pedro Sánchez e ás investigacións por corrupción no Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), que mantén bloqueados permisos esenciais como o necesario para poder licitar o novo vial de Mollavao. “O atraso é inxustificable porque os prazos empezan a correr en contra do proxecto e a actuación debe estar executada antes de que finalice o 2026”, alertou.

Domínguez coincidiu co concelleiro de Obras de Pontevedra, César Mosquera, en que o organismo dependente do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible está totalmente parado polos supostos escándalos de corrupción que se investigan en Adif por adxudicacións irregulares; aínda que engadiu que “é incrible a hipocrisía de Mosquera” ao apuntar que o Goberno central está paralizado polos casos de corrupción cando o alcalde do BNG, #Miguel Anxo Fernández Lores, e a líder nacional do Bloque, Ana Pontón, “son cómplices de que Pedro Sánchez siga ancorado ao poder a pesar dos indicios evidentes que afectan o seu partido e á cúpula do seu goberno”.

O vial de Mollavao non é a única obra estatal que está paralizada e sen prazos concretos para retomarse na cidade de Pontevedra. O portavoz dos populares lembrou que, en febreiro de 2025, comparecera en rolda de prensa para esixir unha solución #ante a parálise absoluta das obras de reforma do nó de bombeiros, co consecuente encarecemento e atraso do proxecto para o ligazón norte da autoestrada do Atlántico.

A actuación leva oito meses parada. O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, asegurara que se retomarían entre marzo e abril deste ano, “pero volveu a mentir aos pontevedreses”, sinalou Domínguez antes de esixir tamén que se finalicen as obras de continuidade do paseo peonil a Marín.

“É indubidable de que os casos de corrupción están a afectar directamente a obras xa iniciadas en Pontevedra. O BNG debe romper o seu apoio ao PSOE e o presidente do Goberno debe convocar eleccións de inmediato”, concluíu.

Publicacións Relacionadas