HomePontevedraO CondadoO concello de Ponteareas presenta o primeiro programa estival de actividades ao...

O concello de Ponteareas presenta o primeiro programa estival de actividades ao aire libre

- Anuncio -spot_img

Cursos gratuítos de taichí, hipopresivos e ximnasia de mantemento na Freixa

Gratuítas, para todas as idades a partir dos 18 anos e ao aire libre  para desfrutar da natureza e mellorar a saúde física, así son as actividades do primeiro programa estival de actividades deportivas ao aire libre organizado pola concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas.

Aproveitar ao máximo os activos en saúde, especialmente os espazos naturais, para a práctica deportiva, é un dos obxectivos deste primeiro programa no que a cidadanía pode participar sen custo algún. Nos meses de xullo, agosto e setembro poderemos practicar taichí, hipopresivos e ximnasia de mantemento na Freixa.

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, salienta a importancia de ofrecer ás veciñas e veciños propostas de calidade que melloren o seu día a día, “deseñando iniciativas a medida das necesidades das persoas. Pequenas e grandes accións súmanse para que entre todas e todos fagamos unha vila máis agradable, habitable e na que atopar todo o necesario”.

Para achegar as actividades a un maior número de persoas establécense tres modalidades deportivas segundo explica Raquel Plana, concelleira de Benestar Social. Os horarios para o mes de xullo repártense de luns a xoves de mañá. Os luns e mércores a cidadanía poderá practicar taichí 10.00h. Os martes serán as clases de  hipopresivos, ás 11:00 horas. Os xoves ximnasia de mantemento ás 11:00 horas. Tan só hai que achegarse á zona onde está colocada a tarima preto dos “chiringuitos”.

“Temos espazos naturais ricos e frescos nos que poder compartir e tamén practicar deporte. A zona da Freixa está chea de vida, de persoas que pasean e tamén de deportistas que practican tenis, hípica, volley, ciclismo, fútbol ou natación. Para completar a oferta e fomentar hábitos de vida saudables lanzamos este primeiro programa que nace para quedarse”, explica a concelleira.

Esta actividade finánciase ao 60% a través da Red Española de Ciudades Saludables.

Publicacións Relacionadas