A Policía Local do Concello de Ourense informa de que con motivo da remodelación da Avenida das Caldas, desde hoxe día 26 de xuño, o ciclo semafórico da intersección da Avenida de Santiago coa das Caldas e a rúa Basilio Álvarez presenta unha pequena modificación.
O tráfico que circula pola Avenida de Santiago en sentido á rúa Basilio Álvarez e á Avenida das Caldas compartirá unha fase semafórica en verde para ambas as direccións durante un tempo (como era ata o de agora), pasando a unha segunda fase na que o xiro á esquerda da Avenida Santiago á Avenida das Caldas cambiará a vermello, mentres continuará en verde en dirección a Basilio Álvarez. O carril bici estará sincronizado co semáforo dos peóns na devandita intersección.
Por este motivo, a Policía Local pídelles aos condutores que presten a atención debida e respecten o novo ciclo semafórico que afecta, sobre todo, ao acceso dos vehículos que circulan pola Avenida de Santiago.